Friday 03 de May de 2024

O Partido Popular de Cambre esixe a DIMISIÓN do alcalde Óscar García Patiño


Ante a grave situación que paralizou o Concello polas irresponsables decisións do alcalde, así como polas continuas irregularidades e polémicas que o rodean, dende o Partido Popular esiximos a dimisión do señor Patiño.

“A investigación do alcalde por un presunto delito de prevaricación por supostos pagos irregulares á policía local é a gota que colma o vaso de toda esta situación esperpéntica que ten atrapado ao Concello desde setembro, os veciños merecen respecto e se o alcalde lle queda un mínimo de responsabilidade, debe dimitir para non seguir ensuciando a imaxe de Cambre”, afirman os populares.

Os veciños de Cambre levan moito tempo vendo como a mala xestión destes anos acabou desencadeando no impago de axudas, como asociacións e clubs non reciben as subvencións que lles corresponden, vendo como os servizos públicos se degradan e os empregados das empresas acaban en Erte, como se acumulan as débedas, ou a falta de apoio a autónomos e comerciantes por parte do Concello para esta campaña de Nadal.

“O Concello de Cambre non poderá salir adiante mentres siga ao seu cargo o principal responsable de levalo a esta situación de parálise e desprestixio absoluto, os veciños xa non se fían do seu concello por culpa do señor Patiño e debe marcharse”, indica a portavoz Diana Piñeiro.